Mostrando entradas con la etiqueta SOLENIDAE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SOLENIDAE. Mostrar todas las entradas

domingo, 16 de septiembre de 2012

Solen marginatus


Solen marginatus
LONGUEIRON VELLO 
 SOLENIDAE
De Noruega ata o O de África e mailo Mediterráneo
 Enterrado en fondos de area e fango na zoa infralitoral

os longueiróns, coma as outras "navallas",  son unisexuais. Viven enterrados na area e a se localizan polo furado en forma de 8. Métese un arame terminado en brica que engancha ó bicho.
O divertido é collelas cando a marea aínda está baixando e teñen os sifóns fora do orificio: métense os dedos na area axiña e aprétase a cuncha e tírase para arriba rápdo e forte, que se resisten.
Hai quen pon sal gorda no furado para que pense que xa subeu a marea e saia e collelo a golpe de sacho.
Pero precisamente este LONGUEIRÓN non se pesca de ningunha destas maneiras, porque vive aló onde a marea nunca as abandona. Hai que usa-lo rastro dende embarcación.
Tampouco non é moi apreciado este "vello". A NAVALLA sí, carallo.