Solen marginatus
LONGUEIRON VELLO
SOLENIDAE
De Noruega ata o O de África e mailo Mediterráneo
Enterrado en fondos de area e fango na zoa
infralitoral
os longueiróns, coma as outras "navallas", son unisexuais. Viven enterrados na area e a se localizan polo furado en forma de 8. Métese un arame terminado en brica que engancha ó bicho.
O divertido é collelas cando a marea aínda está baixando e teñen os sifóns fora do orificio: métense os dedos na area axiña e aprétase a cuncha e tírase para arriba rápdo e forte, que se resisten.
Hai quen pon sal gorda no furado para que pense que xa subeu a marea e saia e collelo a golpe de sacho.
Pero precisamente este LONGUEIRÓN non se pesca de ningunha destas maneiras, porque vive aló onde a marea nunca as abandona. Hai que usa-lo rastro dende embarcación.
Tampouco non é moi apreciado este "vello". A NAVALLA sí, carallo.